Praia de Aguieira, Portosin, um sítio perfecto para o windsurf e o kitesurf, com ventos do nordés on-shore no verám.
Ver fotografias dumha Voda na praia, da praia do Vao (Vigo) e doutras praias.
28 abril 2006
Praia de Aguieira
Postado por Compostela às 9:50 da tarde 0 comentarios
26 abril 2006
Faros (Farois)
-O primeiro faro está no Faro no Tejo, em Belém, (Lisboa).
-O segundo Farol é o de Punta Nariga (2) (perto de Malpica de Bergantinhos) é o derradeiro construido em Galiza. O arquitecto nom podia ser outro que... efectivamente, como toda a obra pública é de César Portela (e a escultura é do seu filhinho).
-(3) No recheio de Bouzas (Vigo). Pronto, cento cincuenta metros mais serán ganhados ao mar para ampliar este pereirao e acolher mais contedores e milheiros de citröens recem saídos da fábrica de Vigo que agardam partir para a sua venda na Franza e outras partes de Europa..
-O pequeninho (5) marca a entrada no porto de Corrubedo. Nom se trata do que está no cabo. Este -polo pequeninho e as vistas privilegiadas- resulta mais simpático. [Outras fotografias de Corrubedo, aqui e aqui].
-No Concelho de Nigrán (4), em Praia América aínda queda em pé, agachado entre a novas urbanizacións este pequeno faro.
-O sexto está em Merexo (Mugia [Muxía], na Costa da Morte). [Outras fotografias da Costa da Morte, aqui].
-E o último é o faro do Museo do Mar de Galicia, en Vigo, perto da praia de Samil.
Mais fotografias de farois, aqui.
Postado por Compostela às 6:46 da tarde 0 comentarios
O Tremo (Brión)
Fotografias do Tremo, no Concelho de Brión.
Ver umha fotografia dum hórreo do Tremo cumha cruz bem curiosa, aqui, e fotografias de Brión em: "Parroquia de Brión", "Excursións", "Ruta dos Cruceiros I e II".
Postado por Compostela às 6:40 da tarde 1 comentarios
Ilha de Arousa (II)
Outras fotografias da Ilha de Arousa, (Rías Baixas) en Galicia Hoje amanhã.
Postado por Compostela às 6:37 da tarde 0 comentarios
Pontes
Ponte em Rande, em Bouzas e na Ilha de Toralha (Ria de Vigo).
Mais fotografias dos arredores de Vigo.
Postado por Compostela às 6:35 da tarde 0 comentarios
Marcadores: Arquitectura, Galiza, Pontes
24 abril 2006
Ilha de Arousa
Mais fotografias da Ilha de Arousa en Galiza Hoje.
Postado por Compostela às 12:34 da manhã 0 comentarios
20 abril 2006
Estación de Ciências Marinhas
Estación de Ciências Marinhas da Universidade de Vigo, na Ilha de Toralha, projecto de Xosé Carlos Rodríguez.
Por aqui, dim que antes havia um castro...
Mais fotos da Estación de Ciências Marinhas na Ilha de Toralha, e das Ilhas Cies, na Ria de Vigo.
Postado por Compostela às 6:25 da tarde 0 comentarios
Marcadores: Arquitectura, Galiza, Vigo
Praia do Vao (Vigo)
Areal do Vao, na ria de Vigo. Recuperación das dunas, barcas e vegetacióm.
Fotografias de Vigo (Bouzas), doutras praias, da Ilha de Toralha e das Ilhas Cíes, e por fim, de mais barcas: (O Vao, Corrubedo, Palmeira)
Postado por Compostela às 12:26 da manhã 0 comentarios
Marcadores: Embarcacións, Galiza, Praias, Vigo
19 abril 2006
16 abril 2006
Salvemos Monteferro
“Todos estamos de acordo na necesidade de progreso, na necesidade de evolucionar e tentar conseguir un mundo mellor para nós e nosos fillos.
Desgraciadamente, esa necesidade, ese anceio común, é utilizado por axentes sociais sen escrúpulos para publicitar e conquerir os seus fins particulares. Esta nosa sociedade acumula cada vez máis capitais nas mans de menos xente, que sabedores da súa debilidade non dubidan en utilizar calquera tipo de arma para manter e intentar elevar o seu status, ou sexa, calmar a súa voracidade de persoas insatisfeitas.
A existencia de leis que regulan a convivencia, non lles parece máis que unha pista con obstáculos que lles é fácil sortear.
A presión urbanística en todo o estado español chegou a Galicia, o ladrillo é o santo patrón, que reparte substanciosos réditos a todos os seus adoradores. Desvíanse a el os investimentos en investigación, en adaptación da industria e en formación dos traballadores. O santo patrón ofrece a entrada no paraíso do diñeiro pero non advirte da destrucción do medio natural que deixa detrás nin das desigualdades sociais que fomenta.”
Texto extraído de www.cangasnonsevende.org
SALVEMOS O LITORAL!
SALVEMOS MONTEFERRO!
Postado por Compostela às 2:30 da tarde 0 comentarios
Vilanova de Cerveira (Minho, Portugal)
Na beira do rio Minho, entre Caminha e Vila Praia de Âncora e "fronteira" com Goián em Galiza, Vila Nova de Cerveira é umha pequena vila muito interesante.
Postado por Compostela às 12:05 da tarde 1 comentarios
Marcadores: Portas e Janelas, Portugal