Os galegos levamos reclamando un dominio dedicado á nosa cultura e mais á nosa lingua desde hai máis de 10 anos (xa había campañas ao respecto en 1995).
Un pobo coma o noso, distribuido en ducias de países por culpa da emigración, unido por unha lingua de seu e máis ca nunca por medio da Rede, precisa unha ubicación virtual que recoñeza que hai unha Galiza non abranguida por España (.ES) nin por ningún outro dominio. Por iso, polas mesmas razóns ca os cataláns, e aínda outras máis importantes, habida conta de que hai máis galegos fóra de Galiza que dentro dos seus límites administrativos, desde RedeGalega (servizo da Asociación Fillos de Galicia) reclamamos con urxencia un TLD, sendo os .GAL e os .GZ os que máis adhesións e posibilidades obxectivas teñen.
Ver também: Asociación Puntogal
Sem comentários:
Enviar um comentário