Mostrar mensagens com a etiqueta Hórreos. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Hórreos. Mostrar todas as mensagens

31 janeiro 2009

Hórreo


Quando fotografaba este hórreo unha vecinha preguntou-me se non quería levar as árbores comigo.

Quedei parvo coa pregunta, así que falamos un cacho sobre a dureza da vida rural.

Ao final descubrim que o problema non eran quederam sombra, nin o risco de que entraram as pólas por unha fiestra. O problema é que as folhas pousan-se no telhado e atascan os desagües.


Ponte Maceira (A Corunha).

07 dezembro 2008

Porto

En Combarro há um novo porto deportivo facturado polo amigo e arquitecto Simón Pereiro, parece um faro que flota na beira da ria de Pontevedra.

É atrevido, vermelho, ligeiro.

Hórreo de Combarroporto de Combarro, de Pereiro

Mosaico de Combarro

Combarro, portaCombarro, hórreoCombarroCombarro, hórreoCombarro, porta
Combarro, soportais

Combarro

Combarro, na beira da ria de Pontevedra.

Hórreos de Combarro

09 abril 2008

Hórreo


Que hai dentro dun hórreo?

... estes dias, milho.

04 setembro 2006

Hórreo do Tremo

Este verám os incêndios -numha semana de vento do nordés- arrasarom boa parte (7% da superficie, perto de 700 hectáreas) de Brión, chegando o lume muitas vezes à beira das casas.

A dispersióm dos núcleos de poboacióm em Galiza e o abandono do campo e os montes favorece que o lume corra empurrado polo vento mesmo até aldeas e as vilas do rural.
Este ano, incluso vários accesos a Santiago de Compostela e a autoestrada que artelha o país de norte a sul, tivo que interromper o tránsito polas lapas.
Por sorte, à parroquia do Tremo non chegou mais que o fume e as cinzas dos incêndios de Ames e do monte Pedroso de Compostela.

Às cruzes como as deste hórreo [celeiro] -do Tremo (Brión)- chaman-as por aqui celtas. Ainda que agora revisa-se o pasado celta de Galiza, dalgum sítio tiverom-se que inspirar os que fizerom este hórreo.

Outras fotografias de Brión, -O Tremo- aqui, e em "Parroquia de Brión", "Excursións", "Ruta dos Cruceiros I e II".

14 maio 2006

Ruta dos Cruceiros (Brión)

O Concelho de Brión ven de anunciar a creación de rutas de sendeirismo polo município como esta dos "cruceiros".

O caminho transcorre por bosques de carvalhos, na beira do río, entre aldeas tradicionais... Están bem sinalizado e non tem muita dificuldade.
A duración aproximada do percorrido proposto (7 quilómetros) é de 3 horas, e o lugar de partida e regreso o cruceiro de Forxán.

Información da ruta na web do concelho.

Mais fotografias desta Ruta dos Cruceiros aqui e mais aqui.

14 abril 2006