16 abril 2006

Salvemos Monteferro

“Todos estamos de acordo na necesidade de progreso, na necesidade de evolucionar e tentar conseguir un mundo mellor para nós e nosos fillos.
Desgraciadamente, esa necesidade, ese anceio común, é utilizado por axentes sociais sen escrúpulos para publicitar e conquerir os seus fins particulares. Esta nosa sociedade acumula cada vez máis capitais nas mans de menos xente, que sabedores da súa debilidade non dubidan en utilizar calquera tipo de arma para manter e intentar elevar o seu status, ou sexa, calmar a súa voracidade de persoas insatisfeitas.
A existencia de leis que regulan a convivencia, non lles parece máis que unha pista con obstáculos que lles é fácil sortear.
A presión urbanística en todo o estado español chegou a Galicia, o ladrillo é o santo patrón, que reparte substanciosos réditos a todos os seus adoradores. Desvíanse a el os investimentos en investigación, en adaptación da industria e en formación dos traballadores. O santo patrón ofrece a entrada no paraíso do diñeiro pero non advirte da destrucción do medio natural que deixa detrás nin das desigualdades sociais que fomenta.”

Texto extraído de www.cangasnonsevende.org
SALVEMOS O LITORAL!
SALVEMOS MONTEFERRO!

Sem comentários: