06 maio 2006

Cidade da Cultura de Galiza (e II)

As torres de John Hedjuk rescatadas para a futura "Cidade da Cultura de Galicia" ou "Cidade da Cultura e Creatividade Contemporánea de Galicia".

Outras fotografias de Santiago de Compostela (Panorámica da cidade velha, Obradoiro, Cidade da Cultura de Galicia, arquitectura de César Coll,
1, 2, 3, , Centro tecnolóxico rural de Marrozos).

Carminha Burana e a Cidade da Cultura de Galícia.

Cidade da culturaCidade da cultura, HedjukCidade da cultura, Hedjuk
A proposta dos expertos convocados polo Consorcio de Santiago consiste em:

1. A CdC debe orientarse cara a cultura da contemporaneidade, e por tanto cara ao enfoque histórico ou aá repetición das estruturas própias do concepto tradicional de Cultura. Propón-se que o projecto seja redenominado Cidade da Cultura e Creatividade Contemporánea de Galicia (CCCCG).

2. A CCCCG debe ser un projecto "Galego", integrado urbanisticamente em Compostela e relacionado coas infraestruturas de comunicación regionais, que tem que sustentarse numha alta capacidade de atracción exterior. Este é un requisito básico para a sostibilidade, mesmo fianceira, do projecto.

3. A atracción exterior da CCCCG debe pivotar sobre o valor como ICONA dos edifícios, e sobre um programa escencialmente cultural que combine produción, reflexión e espectáculo. A acción da CCCCG debe projectar-se no plano internacional, e un foco preferente debe ser Hispanoamércia e os espazos lusófonos.

4. No plano interior, a CCCCG debe promover a cultura da contemporaneidade, prover de servizos culturais de que Galiza carece e servir de nodo para artelhar o conjunto da acción cultural do país.

5. CCCCG debe ser un novo tipo de Centro Cultural que se caracterice por serir de anclagem de fuxos de acción cultural; e por artelhar as súas pezas internas de xeito que sexa realmente "umha cidade".

6. As pezas que se propón compoñam a CCCG son: (1) Um laboratório de ideas de anticipación cultural; (2) Umha factoria cultural; (3) Um grade escenário (A PARABÓLICA ON MUSIC), aberto a todo tipo de alternativas de produción; (4) Um museu contemporáneo (MUSEU XXI DAS CIVILIZACIÓNS); e (5) un gran centro de documentación e recursos.

7. A CCCCG, na medidad en que desenvolva iniciativas de referência para o espazo cultural hipanoamericano e luso-brasileiro, pode dar pé a umha institución de cooperación internacional.

8. A CCCCG é um espazo que vai estar disponhível de geito completo num horizonte de 4, 5 ou 6 anos, polo que a súa acción cultural nom deberia adiarse.

1 comentário:

Anónimo disse...

Looks nice! Awesome content. Good job guys.
»