01 novembro 2005

Patrimonio cultural inmaterial

Apoia a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués
A nosa cultura bota unha boa parte das súas máis vizosas raíces na tradicion oral. Fumos antes cultura oral que cultura letrada.

O patrimonio cultural inmaterial é, de certo, un factor de dignificación, orgullo e marca de identidade de Galicia e Portugal. As nosas tradicións orais aleita o presente e, ao tempo, son unha garantía de futuro para a nosa identidade cultural.

Son un patrimonio para o futuro.

Se queres apoiar a pervivencia e enriquecementos do noso patrimonio cultural inmaterial e mais lograr o seu recoñecemento como Obra Mestra do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade por parte da UNESCO.

Únete a nós e
asina o noso manifesto.

Sem comentários: